Kirjailijakuva

María Nieves López González

Teoksen La dignidad del habla andaluza (Andalucía) (Spanish Edition) tekijä

1 Work 1 Member 1 Review

Tekijän teokset

Merkitty avainsanalla

Yleistieto

There is no Common Knowledge data for this author yet. You can help.

Jäseniä

Kirja-arvosteluja

Sinxelo estudo sobre a fala andaluza, interesante e innovador polo menos para esta lectora.
A autora parte da base de que o pensamento queda plasmado nas nosas verbas o que crea un vículo estreito entre ambos: Lingua e pensamento. Os dous son necesarios para comprender o mundo do que formamos parte.
Os seres humanos inventaron a escritura pero falaron antes de reflectir estes signos escritos. Ademais non ten porque haber unha correspondencia exacta entre cada grafía e cada fonema, xa que a oralidade é dinámica e non ten que reflectirse fielmente na escrita.
Hai rexistrados documentos que certifican que en Andalucía facíase un uso diferente do castelán xa desde o momento no que Fernando III conquista Sevilla. A autora explica moitas das características do castelán que se fala en Andalucía, características fonéticas, morfolóxicas e semánticas e da conservación que se fixo de significados que noutras linguas están anticuados o están directamente en desuso.
Recoñécese na obra que un dialecto ou modalidade non alcanza a categoría de lingua cunha ortografía propia, pero tamén se fai unha reivindicación da presencia de transcripcións fonéticas do andaluz nos currículos escolares. Hai que transmitir aos alumnos andaluces estes coñecementos. A autora refírese tamén ás causas histórico-políticas de carácter centralista pero tamén ás causas sociolóxicas. Se o castelán de Andalucía é un dos máis correctos da península, coa súa variedade fraseolóxica, os seus arcaísmos é unha gramática das máis correctas como pode ser despreciado e considerado un mal falar.
Remata a autora citando ao escritor Vaz de Soto que dí que só o seu uso desde as institucións e tribunas públicas se chegará á súa dignificación.
… (lisätietoja)
 
Merkitty asiattomaksi
Orellana_Souto | Sep 24, 2023 |

Tilastot

Teos
1
Jäsen
1
Suosituimmuussija
#2,962,640
Arvio (tähdet)
3.0
Kirja-arvosteluja
1
ISBN:t
1